mércores, 21 de decembro de 2016

Zarauza preséntanos Encallados

O pasado luns 19 de decembro o alumnado de 1ºBACH do nos centro tivo ocasión de asistir á proxección de Encallados, o filme que rodou hai xa uns anos o compostelán Alfonso Zarauza. E, despois de ver o filme con moito interese, tivemos un non menos interesante coloquio co propio director. 


luns, 12 de decembro de 2016

Da Illa Bufarda a Youtubeir@s

Hoxe tivemos un intenso curso para achegarnos ao audivisual da man dunha das produtoras galegas máis interesante, Illa Bufarda, grazas á colaboración do Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela. Daquela o alumnado de TIC de 1ºBach -uns 40- coñeceu de primeira man o traballo que realizan e logo tivo un obradoiro para elaborar os seus propios produtos habituais e presentárense ao concurso youtubeir@s do Concello ou no "Ofelia Devesa" do noso centro que, este ano, consiste na realización dunha curta de carácter documental sobre temas de innovación. Velaquí unhas fotos da actividade que durou as tres últimas sesións da mañá.



luns, 5 de decembro de 2016

Nós e as Irmandades da Fala

Co gallo do centenario das Irmandades da Fala, programouse no centro unha actividade na que Uxío Breogán Diéguez Cequiel lles deu unha conferencia aos de 2Bach sobre o que supuxo este movemento para a historia cultural de Galicia. O evento tivo lugar o día 2 de decembro e deixámosvos unhas mostras fotográficas da súa conferencia.



Neira Vilas e Alice Taylor

O pasado 30 de novembro tivemos un achegamento á literatura comparada da man de Dolores Rodríguez Pazo. Neste caso, esta investigadora fíxenos un achegamento comparativo da figura do rapaz na obra de Neira Vilas e na da escritora irlandesa Alice Taylor.

venres, 25 de novembro de 2016

No LGx15

O pasado 24 de novembro algúns membros do EDL asistimos a unha tarde-noite ben fermosa na sala Capito de Santiago: o LGx15. E alí puidemos escoitar experiencias ben fermosas ao redor da lingua como as de Bolboretas no bandullo, Elena Ferro, Belén Regueira, María Yáñez ou Rosalía Fernández, entre outros. E escoitar ao Caruncho e Josito e aos Poetarras. E, por suposto, vaia o noso agradecemento á CTNL.


martes, 22 de novembro de 2016

Magosto

Polo San Martiño magosto no Xelmírez, organizado pola ANPA e pola viciderección e co que gustosamente colaboramos. Daquela deixámosvos algunha foto do evento.


venres, 18 de novembro de 2016

Falemos de cancro

E o venres 18 de novembro o alumnado de 1BACH asistiu á primeira conferencia de divulación científica titulada "Falemos de cancro" impartida pola oncóloga do CHUS, a doutora Teresa Curiel. Velaquí vos deixamos unha pequena entrevista que lle fixeron dúas alumnas do ENDL do centro.

xoves, 3 de novembro de 2016

Ops, obradoiro de portugués

A primeira colaboración co Servizo de Normalización do Concello de Santiago de Compostela foi esta obradoiro de portugués que impartiu o 3 de novembro a docente Loaira Martínez  para o alumnado de 4ºESO. A xulgar polas valoracións que fixo o alumnado, un auténtico éxito que cómpre repertir.

xoves, 20 de outubro de 2016

Manuel Ada, dos Dodgy Eyepatch

E o 20 de outubro o alumnado de 2ESO puido desfrutar dun concerto didáctico a cargo do gaiteiro ourensán Manuel Ada que fai música dende a diáspora co grupo Dodgy Eyepatch. Falounos dos nosos ritmos, da internacionalización da nosa música, das súas experiencias polo mundo, e por suposto, tocounos varias pezas. Velaquí unha pequena mostra gráfica.


venres, 30 de setembro de 2016

Nós, cos refuxiados

O pasado 30 de setembro o alumnado de 1ESO do IES Xelmírez II un encontro con Laura Lizancos, unha profesora galega que lle dedica o seu tempo libre a facerlle a vida un pouco máis doada ás refuxiadas e refuxiados que se atopan nos diversos centros de internamento que hai en Grecia, sobre todo na illa de Lesbos. Para tal ardua tarefa, fundou a ONG Families 4 peace. Coas súas palabras e coas súas marabillosas fotos foi tecendo unha historia para contarnos quen chega a Grecia, como chegan, por que chegan e como alí viven. E, por suposto, falounos de Shukran a súa cadela pastora siria, a primeira cadela con pasaporte de refuxiada. Velaquí vos deixamos un par de fotos do acto.