Hoxe tivemos a inmensa fortuna de que nos visitara Carla Caamaño Martínez, unha bailarina de clásico que integra o Ballet de Kiev. Orixinaria do Milladoiro, estudou na Coruña e en Barcelona e, despois dun periplo profesional por Alemaña, agora é unha compoñente do Ballet de Kiev. Pasou esta mañá 1h co alumnado de 2ESO e foi, sen dúbida, unha experiencia marabillosa xa que non só nos falou do sacrificado da súa disciplina artística senón que incluso puxo por un momento as puntas para que a maior parte do alumnado vise por primeira vez en vivo como é esta disciplina. E suscitou tanto interese que lle formularon ducias de preguntas. Un luxazo.
venres, 22 de maio de 2026
Premios Ofelia Devesa
Outro ano máis foron entregados os Premios Ofelia Devesa que patrocina a familia Lema Devesa para a diculgación de coñecemento en lingua galega. Desta volta os vídeos presentados abrangueron temas moi variados: dende a historia da nosa próxima Ponte Mantible ata o autismo ou o zurdismo. Parabéns para as gañadoras e para os gañadores.
mércores, 6 de maio de 2026
Un ano máis no Correlingua
O pasado martes 5 de maio voltamos outra vez defrutar do Correlingua. Armados con cartolinas alusivas a que coa lingua no corazón faremos a revolución, o alumnadod e 1ESO baixou ata a Alameda de Santiago para reunírinse cun bo grupo doutros centros nun absoluto ambiente festivo. De alí saíu a andaina por unha boa parte da zona vella sempre animados por cantos e moita música e festa para deleite dos turistas que non paraban de tirarnos fotos. De regreso á Alameda premios e concerto de Zeltia Ire Vire. Para o ano volvemos.




