xoves, 30 de xaneiro de 2020

Nós co Día d@ Nen@ Oncolóxico

A través deste blog chegounos unha proposta de colaboración. E alá nos botamos. Para a xentiña miúda deste hospital coruñés mandamos unha chea de grúas con versos cheos de ánimos e alegría; e tamén un titorial para que el@s nos manden a nós algunhas coas súas palabras.


Laura LaMontagne&PicoAmperio: retrofuturismo galego

Hoxe o alumnado de 1ºBACH asistiu a un concerto didáctico a cargo da actriz e música Laura LaMontagne e o DJ PicoAmperio. Este dúo formado hai uns meses está levantando unha gran expectación pola aposta que fan ao conxugar letras de cantigas medievais (e tamén contemporáneas) con sons electrónicos. Daquela puidemos desfrutar dunhas versións cheas de forza e delicadeza. Un auténtico luxo.