luns, 13 de decembro de 2021

Coa lingua do dereito: Beltrán Puentes

 O pasado xoves 9 de decembro a alumnado de Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades achegouse ao dereito da man do profesor de Beltrán Puentes. O profesor da USC resolvoulle cuestións como que é o dereito ou para que serve. Amais comentou con eles diversos casos prácticos moi controvertidos na actualidade e, por último, convidounos a coñecer o programa de estudos deste grao. Sen dúbida, unha xornada moi interesante.




luns, 22 de novembro de 2021

CONTOS DE SAMAÍN

Como cada ano, a biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II argallou un concurso de contos de medo para celebrarmos o Samaín. E dende o EDL apoiamos esta iniciativa. Por iso vos deixamos aquí os tres relatos gañadores para que morrades de medo ao lelos. Parabéns para o alumnado participante e, en especial, para o gañador. Madeira de artistas hai por aquí.


venres, 19 de novembro de 2021

Científicas pioneiras: Isabel Zendal e Ánxeles Alvariño

Onte o alumnado de 1ºESO tivo a oportunidade de achegarse a dúas científicas galegas pioneiras: Ánxeles Alvariño e Isabel Zendal. E fíxérono de forma lúdica grazas ao obradoiro impartido por Fátima Rodríguez coa colaboración do Fondo Xacobeo21. Aquí vos deixamos algunha foto dunha xornada intensa e divertida, inserida dentro das actividades deste mes da ciencia en galego.




venres, 5 de novembro de 2021

No aRi(t)mar

 O pasado 27 de outubro participamos no Auditorio de Galicia no Festival aRi(t)mar, iniciativa da Escola Oficial de Idiomas que tes por obxectivo difundir a música e a poesía galego e portuguesa dentro da idea de establecer vínculos entre a lusofonía. Desta volta, alumnado e profesorado do centro compartiu a alegría dos premiados. Na foto, cunha delas, Guadi Galego.



venres, 15 de outubro de 2021

Rogelio Santos: o influencer do mar

 Hoxe inauguramos as actividades presenciais do EDL coa presenza dun mariñeiro que, nos últimos tempos ocupou moitos minutos nos medios de comunicación e nas redes sociais. Rogelio Santoa Queiruga. Ao longo de dúas sesións compartiu co alumnado de 1ESO as súas emocións como home do mar, como home que coida e terma do mar e, xa que logo, de nós tamén. Aprendemos de peixes e de nomes, en resumo, de ecoloxía. Agradecémoslle enormement a súa xenerosidade.


venres, 18 de xuño de 2021

V Premios Ofelia Devesa

 O pasado 4 de xuño puidemos celebrar o V Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Para entregaren os premios aos mellores traballos de divulgación de coñecemento en formato vídeo, contamos coa preseza da directora do centro, do Concelleiro de Educación Rubén Prol e de Carlos Lema Devesa, patrocinador dos devanditos premios. Os traballos gañadores versaron sobre temas tan distintos como a soedade na xente maior, a bulimia ou a química na cociña. Aquí vos deixamos un breve resumo do acto.


martes, 18 de maio de 2021

Xela Arias: a nosa homenaxe

 No curso 1999-2000 Xela Arias exerceu como docente no IES Arcebispo Xelmírez II. Hoxe quixemos facerlle unha pequena homenaxe. Para iso acompañounos o seu fillo, Dario Gil Arias; o SXPL Valetín García, a investigadora e profesora da USC Chus Nogueira e, por último, un espectáculo performativo a cargo de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera. Deste día intenso fixemos un pequeno vídeo. Grazas, mestra.



Xurxo Mariño: sobre a evolución da linguaxe

Hoxe alumnado do 1ºBach tivo a fortuna de asistir a unha charla-presentación ao redor do seu último libro A mente que voa. Case dúas horas con este divulgador que, coma sempre, nos souberon a pouco. Dúas horas nas que ciencia, linguaxe e lingua foron da man. Moitas grazas, unha vez máis.






venres, 14 de maio de 2021

María José Rielo: do Liceo de Barcelona ao IES Xelmírez 2

 O pasado venres 7 de maio, alumnado de 3ESO desfrutou dunha clase maxistral de María José Rielo, fagotista da Orquestra Simfònica del Gran Teatro del Liceo de Barcelona. Grazas a ela descubrimos os misterios deste instrumento de metro e medio de altura, moitas anécdotas e, por suposto, deleitounos con algún fragmento. Un luxazo.

 

 



Xela Arias no Xelmírez II

 Era a primavera do curso 1999-2000 cando Xela Arias chegou ao IES Arcebispo Xelmírez II para facer unha substitución do departamento de Lingua e Literatura Española. Este ano co gallo da adicatoria das Letras Galegas tamén no noso centro lle renderemos a homenaxe merecida.






A nosa historia a través da fotografía

 Un dos proxectos do alumnado de 2ESO deste ano foi describir fotos familiares anteriores ao 1970. E con todas xuntas, fixemos un pequeno libro que, realmente explican a historia de Galicia do século XX. E para axudarnos a contruír ese relato histórico a partir das fotos contamos coa axuda do alumnado da USC que está facendo o máster de secundaria no centro. Moitas grazas por todo o que nos aprendestes.





luns, 3 de maio de 2021

Luz Castro: enxeñeira informática e creadora multimedia

 O pasado 26 de abril alumnado de 2ºBACH recibiu na aula a Luz Castro. Profesora na Facultade de Comunicación Audiovisual da UDC é unha das especialistas máis relevantes na creación multimedia e, nomeadamente, no universo dos videoxogos. Por iso é deste tema do que cada semana a podemos escoitar no programa cultural Zigzag da TVG.

Desta volta, falounos de informática, videoxogos, lingua e, sobre todo, presentounos o Grao de Creación dixital, animación e videoxogos que ofrece a UDC e no que ela imparte docencia. Un luxo do que desfrutamos grazas á súa xenerosidade



xoves, 15 de abril de 2021

De paseo con Rosalía

 O pasado 9 de abril un grupo de Bacharelato tivo unha mañá de actividades ao aire libre. En primeiro lugar, baixamos camiñando ata o Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela onde pasamos un par de horas desfrutando da exposición. De seguido, a profesora Mercedes Espiño agardábanos na alameda compostelá xunto a estatua de Rosalía para iniciar o roteiro vital da escritora pola cidade. E moito aprendemos, entre outras cousas, que a casa na que unha placa di que alí viviu Murguía non foi nunca tal cousa. Iso si, chegamos cansos ao instituto pero satisfeitos.