martes, 18 de maio de 2021

Xela Arias: a nosa homenaxe

 No curso 1999-2000 Xela Arias exerceu como docente no IES Arcebispo Xelmírez II. Hoxe quixemos facerlle unha pequena homenaxe. Para iso acompañounos o seu fillo, Dario Gil Arias; o SXPL Valetín García, a investigadora e profesora da USC Chus Nogueira e, por último, un espectáculo performativo a cargo de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera. Deste día intenso fixemos un pequeno vídeo. Grazas, mestra.



Xurxo Mariño: sobre a evolución da linguaxe

Hoxe alumnado do 1ºBach tivo a fortuna de asistir a unha charla-presentación ao redor do seu último libro A mente que voa. Case dúas horas con este divulgador que, coma sempre, nos souberon a pouco. Dúas horas nas que ciencia, linguaxe e lingua foron da man. Moitas grazas, unha vez máis.






venres, 14 de maio de 2021

María José Rielo: do Liceo de Barcelona ao IES Xelmírez 2

 O pasado venres 7 de maio, alumnado de 3ESO desfrutou dunha clase maxistral de María José Rielo, fagotista da Orquestra Simfònica del Gran Teatro del Liceo de Barcelona. Grazas a ela descubrimos os misterios deste instrumento de metro e medio de altura, moitas anécdotas e, por suposto, deleitounos con algún fragmento. Un luxazo.

 

 



Xela Arias no Xelmírez II

 Era a primavera do curso 1999-2000 cando Xela Arias chegou ao IES Arcebispo Xelmírez II para facer unha substitución do departamento de Lingua e Literatura Española. Este ano co gallo da adicatoria das Letras Galegas tamén no noso centro lle renderemos a homenaxe merecida.






A nosa historia a través da fotografía

 Un dos proxectos do alumnado de 2ESO deste ano foi describir fotos familiares anteriores ao 1970. E con todas xuntas, fixemos un pequeno libro que, realmente explican a historia de Galicia do século XX. E para axudarnos a contruír ese relato histórico a partir das fotos contamos coa axuda do alumnado da USC que está facendo o máster de secundaria no centro. Moitas grazas por todo o que nos aprendestes.





luns, 3 de maio de 2021

Luz Castro: enxeñeira informática e creadora multimedia

 O pasado 26 de abril alumnado de 2ºBACH recibiu na aula a Luz Castro. Profesora na Facultade de Comunicación Audiovisual da UDC é unha das especialistas máis relevantes na creación multimedia e, nomeadamente, no universo dos videoxogos. Por iso é deste tema do que cada semana a podemos escoitar no programa cultural Zigzag da TVG.

Desta volta, falounos de informática, videoxogos, lingua e, sobre todo, presentounos o Grao de Creación dixital, animación e videoxogos que ofrece a UDC e no que ela imparte docencia. Un luxo do que desfrutamos grazas á súa xenerosidade