venres, 22 de maio de 2026

Tania Caamaño: bailando dende o Millladoiro ata Kiev

 Hoxe tivemos a inmensa fortuna de que nos visitara Carla Caamaño Martínez, unha bailarina de clásico que integra o Ballet de Kiev. Orixinaria do Milladoiro, estudou na Coruña e en Barcelona e, despois dun periplo profesional por Alemaña, agora é unha compoñente do Ballet de Kiev. Pasou esta mañá 1h co alumnado de 2ESO e foi, sen dúbida, unha experiencia marabillosa xa que non só nos falou do sacrificado da súa disciplina artística senón que incluso puxo por un momento as puntas para que a maior parte do alumnado vise por primeira vez en vivo como é esta disciplina. E suscitou tanto interese que lle formularon ducias de preguntas. Un luxazo.


 



Premios Ofelia Devesa

 Outro ano máis foron entregados os Premios Ofelia Devesa que patrocina a familia Lema Devesa para a diculgación de coñecemento en lingua galega. Desta volta os vídeos presentados abrangueron temas moi variados: dende a historia da nosa próxima Ponte Mantible ata o autismo ou o zurdismo. Parabéns para as gañadoras e para os gañadores.


 

mércores, 6 de maio de 2026

Un ano máis no Correlingua

 O pasado  martes 5 de maio voltamos outra vez defrutar do Correlingua. Armados con cartolinas alusivas a que coa lingua no corazón faremos a revolución, o alumnadod e 1ESO baixou ata a Alameda de Santiago para reunírinse cun bo grupo doutros centros nun absoluto ambiente festivo. De alí saíu a andaina por unha boa parte da zona vella sempre animados por cantos e moita música e festa para deleite dos turistas que non paraban de tirarnos fotos. De regreso á Alameda premios e concerto de Zeltia Ire Vire. Para o ano volvemos. 


martes, 24 de marzo de 2026

Polo mes de marzo, Devacas

 Co gallo de numerosas actividades relacionadas co 8M onte o alumnado de 2ESO tivo a fortuna de poder escoitar a Devacas; e non só cantar esas cancións de deconstrución de tópicos a través do humor senón sobre todo contar as súas experiencias como mulleres que se adican á música dende hai 10 anos. Bravas.



 

Erasmus+ e lingua

 Este ano levamos unha manchea de actividades Erasmus +. A comezos de curso tivemos alumnado en Noruega e tivemos intercambio con alumnado de Aarhus. E neste trimestre continuou o movemento: tivemos un intercambio cunha Escola Secudária da Maia (Porto); nós iremos en abril. Tamén un profesor estivo de convidado no Lycée Gabriel Fauré de Annecy e dúas alumnas que facían unha longa estadía. E ao rematar este trimestre tivemos unha ducia de alumnado do Liceo Einstein de Palermo. En maio alá iremos. Mentres deixámosvos as súas impresións neste artigo.

E amais profesores en jobshadowing de Plovdiv (Bulgaria) e de Rennes (Francia). En en todos os casos intentamos dende o EDL achegarlles e facelos coñecedores da nosa lingua e da nosa cultura. Case todos tiveron unha aula inicial de lingua galega, obradoiros de música e mesmo en Annecy coñeceron a Guerra Civil española a través dos debuxos da guerra de Castelao.

 




xoves, 18 de decembro de 2025

XMaseda36: o rap do futuro

 Hoxe o alumnado de 4ESO tivo un fin de trimestre que quizais non vai esquecer pronto pois partillaron unha hora con Xmaseda36, un mozo da Mariña que xa é coñecido por moitos deles. Falaron de música galega, de lingua, de literatura, de emocións e, por suposto, de rap. E amais tiveron un agasallo xa que foi moi xeneroso e cantoulles unha peza sobre unha base que traía. Moitas fotos e sinaturas ao final do acto e agardamos e o seu disco Pontes sexa un éxito. Moitas grazas





Hai nada eu estaba aí: Eva Carollo

 Esta mañá recibimos a outra exalumna que abandonou o centro hai xa 7 anos. Eva decidiu facer dereito e o mestrado de avogacía. Estivo con alumnado de 3ESO partillando unha hora de clase para contarlles que fixo unha alumna coma elex hai sete anos cando chegou á Universidade estudar Dereito. Grazas Eva.