mércores, 21 de decembro de 2016

Zarauza preséntanos Encallados

O pasado luns 19 de decembro o alumnado de 1ºBACH do nos centro tivo ocasión de asistir á proxección de Encallados, o filme que rodou hai xa uns anos o compostelán Alfonso Zarauza. E, despois de ver o filme con moito interese, tivemos un non menos interesante coloquio co propio director. 


luns, 12 de decembro de 2016

Da Illa Bufarda a Youtubeir@s

Hoxe tivemos un intenso curso para achegarnos ao audivisual da man dunha das produtoras galegas máis interesante, Illa Bufarda, grazas á colaboración do Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela. Daquela o alumnado de TIC de 1ºBach -uns 40- coñeceu de primeira man o traballo que realizan e logo tivo un obradoiro para elaborar os seus propios produtos habituais e presentárense ao concurso youtubeir@s do Concello ou no "Ofelia Devesa" do noso centro que, este ano, consiste na realización dunha curta de carácter documental sobre temas de innovación. Velaquí unhas fotos da actividade que durou as tres últimas sesións da mañá.



luns, 5 de decembro de 2016

Nós e as Irmandades da Fala

Co gallo do centenario das Irmandades da Fala, programouse no centro unha actividade na que Uxío Breogán Diéguez Cequiel lles deu unha conferencia aos de 2Bach sobre o que supuxo este movemento para a historia cultural de Galicia. O evento tivo lugar o día 2 de decembro e deixámosvos unhas mostras fotográficas da súa conferencia.



Neira Vilas e Alice Taylor

O pasado 30 de novembro tivemos un achegamento á literatura comparada da man de Dolores Rodríguez Pazo. Neste caso, esta investigadora fíxenos un achegamento comparativo da figura do rapaz na obra de Neira Vilas e na da escritora irlandesa Alice Taylor.