O pasado 27 de novembro o alumnado de STEMBACH do IES e mais algúns profesores tivemos a sorte de acudir ao ILG para coñecer de primeira man o Proxecto NÓS, proxecto que ten como obxectivo principal fomentar a presenza dixital do galego. Fomos recibidos pola directora do centro, Elisa Fernández Rei e por María ÁLvarez de la GRanja. E amais puidemos asistir a unha estupenda presentación a cargo de Adina Vladu que nos serviu para despois poñer en práctica distintas ferramentas informática. Día de moita aprendizaxe.
martes, 2 de decembro de 2025
Dun EDL a outro e coa lingua porque me toca
O pasado 19 de novembro o noso alumnado de Economía de 2BACH tivo a oportunidade de escoitar a Diego Madarnás. Diego foi membro activo do EDL do IES do Milladoiro e agora en 1º do Grao de Economía da USC segue traballando pola lingua. E deste volta partillou co noso alumnado os seus saberes e experiencias, que non son pouco, ao respecto de lingua e economía. Un marabilla que o noso alumnado empece a ter referentes da súa idade. Moitas grazas Diego.
martes, 24 de xuño de 2025
Mondra: a música que vén
O pasado 18 de xuño rematamos as actividades do EDL coa presenza dun artista do que gostamos moito: Mondra. Poucos días despois de encher por dúas veces a sala Capitol de Santiago, tivemos a sorte de telo no centro para compartir con nós as súas experiencias na música e tamén parte da súa ampla e marabillosa produción audiovisual. E, por suposto, tamén nos botou unhas coplas. Un agasallo ben fermoso de fin de curso
E velaquí unhas fotos:
venres, 23 de maio de 2025
Su Garrido Pombo: a elegancia do cantar
O venres 9 de maio o alumnado de 2ESO desfrutou dunhas das voces máis impresionantes da escena musical galega: Su Garrido Pombo
Velaquí:
E un momento da actuación:
mércores, 7 de maio de 2025
O Dr. Carlos Rábade e Borja Iglesias, en campaña contra o tabaquismo
Onte 6 de maio o alumnado de 1BACH asistiu a unha campaña a prol do estilo de vida saudable e contra a tabaquismo que organizamos xunto coa Fundación Celta de Vigo. Neste caso, contamos coa presenza do director da Fundación, Germán Arteta e do patrono Rubén Martínez. A parte profesional púxoo o pneumólogo do CHUS, o Dr. Carlos Rábade e apoiando esta campaña o xogador picheleiro do Celta, Borja Iglesias.
Na hora da quenda de preguntas, produciuse un intercambio moi animado, sobre todo co futbolista, ao redor de moitos temas. Velaquí por exemplo, a resposta ao tema do seu posicionamento coa nosa lingua:
Tan só podemos agradecer á Fundación Celta de Vigo, ao Dr. Rábade e ao xogador Borja Iglesias por permitirnos desfrutar dunha tarde ben interesante e frutífera. A mágoa que nos queda é a de non ter una salón de actos máis grande ante o interese suscitado.
luns, 5 de maio de 2025
Celebrando co AE Vale do Tamel de Barcelos
A semana despois de Pascua tivemos no centro unha ducia de alumnas e alumnos do AE Vale do Tamel de Barcelos, Na xornada do xoves 24 de abril, as nosas alumnas de 1ESO do EDL déronlles un curso de regueifas cunha mestrá inusitada. E despois, o alumnado do EDL de 1 BACH ensinoulles a botar un punto.
E ao día seguinte celebramos o 25 de abril na praza Zeca Afonso. E cantamos o Grândola mais definitivamente temos que ensaiar máis
xoves, 24 de abril de 2025
Julia Portela Piñón: ópera para principiantes
O 24 de abril o alumnado de 3ESO tive o pracer de escoitar unha das voces máis prometedoras do noso cante lírico, a luguesa Julia Portela. Formada en Londres e acabada de chegar de estar un ano en Capetón na ópera desa cidade, explicoulles á rapazada un montón de aspectos interesantes. E por suposto que cantou. Vaia marabilla!
E velaquí uns pequenos fragmentos da súa actuación
venres, 4 de abril de 2025
Roteiro da lingua e da historia por Santiago
O pasado martes 2 de abril, grazas á colaboración do Departamento de Lingua do concello de Santiago, parte do noso alumnado de 3ESO, acompaado por alumnado de Roma en visita Erasmus, asistiu a unha ruta lingüística-histórica a tarvés da cidade organizada polo colectivo Maos. A verdade é que en todo o tempo que durou este roteiro aprenderon moito do que xa viron ou van ver na aula. Gran idea!
Erasmus italianos aprendendo galego
Esta primeira semana de abril tivemos a visita de profes e alumnado de Italia. Tivemos profes de Roma, Milán e Módena que recibiron tamén aulas de galego. Pero, estamos seguro de que quen as aproveitou moi ben foi o alumnado de Roma con dous superprofesores do EDL, de 3 e 4 ESO que lles impartiron, o mércores 2 de abril, un curso de galego nivel inicial marabilloso.
Pauliña, con nós
E o 25 de marzo, con Pauliña na aula de 1ESO descubriron o seu inmenso talento. Estamos seguros amais que vai ser unha magnífica profe.
Ciencia en galego: o noso STEM, en galego
O xoves 20 de marzo o noso alumnado de STEMBACH fixo que nos sentiramos orgullosxs delxs pois ofreceron varias leccións: a primeira, uns traballos científicos moi ben elaborados e dignos xa de universitarios, como repetiron varias veces as persoas que os/as xulgaban; a segunda: todos os traballos (do ámbito da física, bioloxía, bioquímica e psicoloxía) foron defendidos en galego; a terceira: na quenda de preguntas, contaxiaronlles a lingua tamén ao tribunal. Daquela, só parabenizalos.
Agora só nos queda desexarlles sorte para o Stephen Hawking
Un ano máis, regueifando
O pasado 19 de marzo un grupo de 2ESO do noso alumnado puido desfrutar e aproveitar dun obradoiro de regueifas da man, unha vez máis, dunha das grandes desta discipliena artística: Lupe Blanco.
Unha mostra do talento desta artista:
Pero o alumnado tampouco o fai nada mal:
luns, 24 de febreiro de 2025
O mar, o mar, quen o foi levar
O pasado 7 de febreiro o alumnado de 1º da ESO desfrutou dunha conversa inesquecible cun dos nosos mellores divulgadores do mar: Rogelio Santos Queiruga. Amor polo mar, polos peixes, ecoloxía e ecoloxía lingüística tamén. Eses son algúns dos eixos sobre os que vertebra non só os seus vídeos senón tamén eses momentos que saca dos seu traballo para partillar experiencias e coñecementos tan necesarios coa rapazada. Unha vez máis, grazas.
mércores, 8 de xaneiro de 2025
Historia dunha pinga de mel
O paso 18 de decembro o alumnado de 1ESO coñeceu o mundo das abellas de primeira man grazas ao biólogo Suso Asorey, un dos nomes propios da apicultura en Galicia. Contoulle á rapazada e ao profesorado como funciona un enxame, unha colmea e ata nos ensinou a facer candeas e a súa última argallada necesaria: os hoteis para polinizadores que xa vemos por algúns parques composteláns. E prometeunos facer un con Club de Ciencia para o noso centro. Un luxo

































