Amosando publicacións coa etiqueta dixitalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dixitalización. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de decembro de 2025

Proxecto Nós: as tecnoloxías para a lingua

 O pasado 27 de novembro o alumnado de STEMBACH do IES e mais algúns profesores tivemos a sorte de acudir ao ILG para coñecer de primeira man o Proxecto NÓS, proxecto que ten como obxectivo principal fomentar a presenza dixital do galego. Fomos recibidos pola directora do centro, Elisa Fernández Rei e por María ÁLvarez de la GRanja. E amais puidemos asistir a unha estupenda presentación a cargo de Adina Vladu que nos serviu para despois poñer en práctica distintas ferramentas informática. Día de moita aprendizaxe.