xoves, 18 de decembro de 2025

XMaseda36: o rap do futuro

 Hoxe o alumnado de 4ESO tivo un fin de trimestre que quizais non vai esquecer pronto pois partillaron unha hora con Xmaseda36, un mozo da Mariña que xa é coñecido por moitos deles. Falaron de música galega, de lingua, de literatura, de emocións e, por suposto, de rap. E amais tiveron un agasallo xa que foi moi xeneroso e cantoulles unha peza sobre unha base que traía. Moitas fotos e sinaturas ao final do acto e agardamos e o seu disco Pontes sexa un éxito. Moitas grazas





Hai nada eu estaba aí: Eva Carollo

 Esta mañá recibimos a outra exalumna que abandonou o centro hai xa 7 anos. Eva decidiu facer dereito e o mestrado de avogacía. Estivo con alumnado de 3ESO partillando unha hora de clase para contarlles que fixo unha alumna coma elex hai sete anos cando chegou á Universidade estudar Dereito. Grazas Eva.


 

mércores, 17 de decembro de 2025

Hai nada eu estaba aí: Brais Neira

 Encántanos recibir a exalumnos que, amais foron membros do EDL. E o pasado venres 12 de decembro estivo con alumnado de 1ESO Brais Neira, hoxe estudante do Grao de Filosofía. Brais Neira fixo tamén connosco o STEMBach sobre a importancia do IES Xelmírez II como vertebrador de comunidade para que Vite, como barrio, tivese identidade de seu. Aquilo que fora a súa primeira experiencia seria no terreo da investigación levouno a varios congresos internacionais e hoxe segue estudando e investigando sobre temas derivados dese inicial. Daquela veunos visitar e veulles contar á rapazada que hai nada estaba nesas cadeiras. Marabilla ver a atención que lle prestaron e a cantidade de preguntas que lle fixeron.


 

martes, 2 de decembro de 2025

Proxecto Nós: as tecnoloxías para a lingua

 O pasado 27 de novembro o alumnado de STEMBACH do IES e mais algúns profesores tivemos a sorte de acudir ao ILG para coñecer de primeira man o Proxecto NÓS, proxecto que ten como obxectivo principal fomentar a presenza dixital do galego. Fomos recibidos pola directora do centro, Elisa Fernández Rei e por María ÁLvarez de la GRanja. E amais puidemos asistir a unha estupenda presentación a cargo de Adina Vladu que nos serviu para despois poñer en práctica distintas ferramentas informática. Día de moita aprendizaxe.



 

Dun EDL a outro e coa lingua porque me toca

 O pasado 19 de novembro o noso alumnado de Economía de 2BACH tivo a oportunidade de escoitar a Diego Madarnás. Diego foi membro activo do EDL do IES do Milladoiro e agora en 1º do Grao de Economía da USC segue traballando pola lingua. E deste volta partillou co noso alumnado os seus saberes e experiencias, que non son pouco, ao respecto de lingua e economía. Un marabilla que o noso alumnado empece a ter referentes da súa idade. Moitas grazas Diego.



 

 

martes, 24 de xuño de 2025

Mondra: a música que vén

 O pasado 18 de xuño rematamos as actividades do EDL coa presenza dun artista do que gostamos moito: Mondra. Poucos días despois de encher por dúas veces a sala Capitol de Santiago, tivemos a sorte de telo no centro para compartir con nós as súas experiencias na música e tamén parte da súa ampla e marabillosa produción audiovisual. E, por suposto, tamén nos botou unhas coplas. Un agasallo ben fermoso de fin de curso


 E velaquí unhas fotos:







 

venres, 23 de maio de 2025

Su Garrido Pombo: a elegancia do cantar

 O venres 9 de maio o alumnado de 2ESO desfrutou dunhas das voces máis impresionantes da escena musical galega: Su Garrido Pombo

Velaquí:

E un momento da actuación: