mércores, 10 de abril de 2024

Presentación dos traballos de STEMBACH: en galego.

 A finais de marzo o noso alumnado de STEMBACH presesentou as súas memorias de investigación que corroboran que traballaron e investigaron moito durante dous anos. A presidenta do tribunal, a decana de Matemática, Dna. Elena Vázquez Cendón salientou a calidade deles á altura de moitos TFG. Porén nós queremos sumarnos aos parabéns non só pola calidade senón tamén por sermos un centro onde o noso alumnado presenta de xeito maioritario os seus traballos de investigación na nosa lingua. E, sen dúbida, é unha acción de normalización signa de loanza.



Imos de concerto: Pauliña

 Este luns 8 de abril o alumnado de 2ESO tivo a sorte de poder asistir no centro a un concerto de Pauliña que, en formato acústico, tocounos algunhas das cancións máis coñecidas do seu repertorio. Agora xa só queda ir escoitala con toda a súa banda. E amais tivemos convidados de luxo: dez alumnos do Agrupamento Diogo Cao de Vila Real (Portugal) e dez alumnas da Obershule Roter Sand de Bremen. Un pracer. Velaquí unha pequena mostra:


O libro negro da lingua galega

 O pasado xoves 4 de abril o alumnado de 4ESO do noso centro tivo o privilexio de asistir á presentación dun dos libros máis importantes destes últimos tempos: O Libro negro da lingua galega. Acompañados polo seu autor, Carlos Callón, asistimos a como debullaba os aspectos máis interesantes deste libro que retrata a situación da nosa lingua nos últimos 500 anos. Un acerto que tivese vido.

Carlos Callón narra en 'O libro negro' a represión histórica da lingua  galega


venres, 22 de marzo de 2024

No Día Internacional da Muller

 O equipo EDL tamén se suma á campaña do centro polo Día Internacional da Muller. É ben curioso que a maioría das que aparece no cartaz que fixemos no centro manteñan tamén unha aposta decidida polo uso da nosa lingua.



Coa lingua en Portugal

O noso alumnado de 2ESO anda esta semana por Vila Real, alá nas marxes do do Douro, paraticipando nunha mobilidade Erasmus+ con alumnado do agrupamento escolar Diogo Cao. De seguro que veñen cargados de experiencias fantásticas. E agora toca acoller os novos amigxs portugueses nesta cidade





 

mércores, 20 de decembro de 2023

A regueifa do Xelmírez II

 O pasado mércores 13 de decembro o alumnado de 2ºESO gozou dun obradoiro de regueifa grazas á colaboración do Departamento de Lingua de Galega do Concello de Santiago. Desta volta estiveron acompañados por dous dos nosos mellores regueifeiros: Lupe e Josito. E o nosa alumnado deixou claro unha cousa: a regueifa ten futuro. Velaí unha pequena mostra:

 






martes, 14 de novembro de 2023

100 VOLTAS: Verónica Codesal, Didier Laloy e Damien Chierici

 Este martes 14 de novembro estou seguro que boa parte do noso alumnado o vai lembrar polo que desfrutou no concerto desta banda que, dende Bruxelas, non só aprecian enormemente a nosa cultura senón que tamén fan música. No medio da súa xira 100 VOLTAS ( non a perdades) deron +1 VOLTA e chegaron a Salgueirinoños para pórnos a cantar e bailar como poucas veces. Grazas pola vosa xenerosidade e compromiso con nós, coa nosa cultura, coa nosa xente e coa nosa educación. Un vrai plaisir.

Desculpade o vídeo que non honra o vivido hoxe pero é para que vos deades unha idea.