martes, 2 de decembro de 2025

Proxecto Nós: as tecnoloxías para a lingua

 O pasado 27 de novembro o alumnado de STEMBACH do IES e mais algúns profesores tivemos a sorte de acudir ao ILG para coñecer de primeira man o Proxecto NÓS, proxecto que ten como obxectivo principal fomentar a presenza dixital do galego. Fomos recibidos pola directora do centro, Elisa Fernández Rei e por María ÁLvarez de la GRanja. E amais puidemos asistir a unha estupenda presentación a cargo de Adina Vladu que nos serviu para despois poñer en práctica distintas ferramentas informática. Día de moita aprendizaxe.



 

Dun EDL a outro e coa lingua porque me toca

 O pasado 19 de novembro o noso alumnado de Economía de 2BACH tivo a oportunidade de escoitar a Diego Madarnás. Diego foi membro activo do EDL do IES do Milladoiro e agora en 1º do Grao de Economía da USC segue traballando pola lingua. E deste volta partillou co noso alumnado os seus saberes e experiencias, que non son pouco, ao respecto de lingua e economía. Un marabilla que o noso alumnado empece a ter referentes da súa idade. Moitas grazas Diego.



 

 

martes, 24 de xuño de 2025

Mondra: a música que vén

 O pasado 18 de xuño rematamos as actividades do EDL coa presenza dun artista do que gostamos moito: Mondra. Poucos días despois de encher por dúas veces a sala Capitol de Santiago, tivemos a sorte de telo no centro para compartir con nós as súas experiencias na música e tamén parte da súa ampla e marabillosa produción audiovisual. E, por suposto, tamén nos botou unhas coplas. Un agasallo ben fermoso de fin de curso


 E velaquí unhas fotos:







 

venres, 23 de maio de 2025

Su Garrido Pombo: a elegancia do cantar

 O venres 9 de maio o alumnado de 2ESO desfrutou dunhas das voces máis impresionantes da escena musical galega: Su Garrido Pombo

Velaquí:

E un momento da actuación:


 


mércores, 7 de maio de 2025

O Dr. Carlos Rábade e Borja Iglesias, en campaña contra o tabaquismo

 Onte 6 de maio o alumnado de 1BACH asistiu a unha campaña a prol do estilo de vida saudable e contra a tabaquismo que organizamos xunto coa Fundación Celta de Vigo. Neste caso, contamos coa presenza do director da Fundación, Germán Arteta e do patrono Rubén Martínez. A parte profesional púxoo o pneumólogo do CHUS, o Dr. Carlos Rábade e apoiando esta campaña o xogador picheleiro do Celta, Borja Iglesias.

Na hora da quenda de preguntas, produciuse un intercambio moi animado, sobre todo co futbolista, ao redor de moitos temas. Velaquí por exemplo, a resposta ao tema do seu posicionamento coa nosa lingua:


 Tan só podemos agradecer á Fundación Celta de Vigo, ao Dr. Rábade e ao xogador Borja Iglesias por permitirnos desfrutar dunha tarde ben interesante e frutífera. A mágoa que nos queda é a de non ter una salón de actos máis grande ante o interese suscitado.


 


luns, 5 de maio de 2025

Celebrando co AE Vale do Tamel de Barcelos

 A semana despois de Pascua tivemos no centro unha ducia de alumnas e alumnos do AE Vale do Tamel de Barcelos, Na xornada do xoves 24 de abril, as nosas alumnas de 1ESO do EDL déronlles un curso de regueifas cunha mestrá inusitada. E despois, o alumnado do EDL de 1 BACH ensinoulles a botar un punto.

E ao día seguinte celebramos o 25 de abril na praza Zeca Afonso. E cantamos o Grândola mais definitivamente temos que ensaiar máis







 

xoves, 24 de abril de 2025

Julia Portela Piñón: ópera para principiantes

 O 24 de abril o alumnado de 3ESO tive o pracer de escoitar unha das voces máis prometedoras do noso cante lírico, a luguesa Julia Portela. Formada en Londres e acabada de chegar de estar un ano en Capetón na ópera desa cidade, explicoulles á rapazada un montón de aspectos interesantes. E por suposto que cantou. Vaia marabilla!



 E velaquí uns pequenos fragmentos da súa actuación