O pasado venres 11 de outubro o alumnado de 3ESO e o de Programación de 2ºBACH tivo a sorte de coñecer de primeira man como se crea un videoxogo. Para iso contamos no centro coa presenza de Nicolás Casal de Fosfatina Studios e de Miguel Areán de Polygon.e Studios onde se elaborou Cricktogame o primeiro xogo galego e en galego para Nintendo Switch. Sen dúbida, un ámbito que empeza a coller pulo en Galicia, sobre todo, coa apertura do grao de Creación dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario